09.02.2010 Información adestramentos e partido aprazado

Foto vencellada

Como ben sabedes, nos próximos días todos os nosos alumnos gozasen das vacacións de Carnaval, e debido a estas celebracións, tivemos que facer algúns cambios no referente aos horarios de adestramentos e partido.

Os biberóns e os infantís adestrarán con normalidade esta semana. Os infantís retoman a competición o domingo 21 de febreiro.

Os prebenxamíns e benxamíns, non adestrarán o venres, xa que non contamos co Pavillón de Piñeiros. Tampouco terán partido, xa que a Delegación Ferrolana de la Federación Gallega de Fútbol Sala decidiu que neste fin de semana se xoguen todos aqueles partidos que foron aprazados no seu día. Retornarán á competición o domingo 21 de febreiro.

Os alevíns adestrarán con normalidade esta semana. Xa temos data para o partido que nos debía de enfrentar co Roiba Detegasa. Será o próximo Sábado 20 de febreiro, ás 10:00, no Pavillón de Piñeiros. O partido en teoría tiña que disputarse este domingo, pero o Roiba pediunos xogar nunha nova data.

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook