13.06.2010 Os benxamíns participan no V Torneo "Cidade de Betanzos"

Foto vencellada

Os nosos benxamíns RDP participarán a próxima semana (19 e 20 de xuño), no V TORNEO DE FÚTBOL SALA DE BASE "CIDADE DE BETANZOS."

Este torneo é organizado pola ACD Troula fútbol sala e A.C.D. Las Cascas, en colaboración co Excelentísimo Concello de Betanzos e celebrarase no pavillón Municipal de Betanzos que ten unha capacidade capaz de acomodar 500 persoas.

O torneo será realizado en dúas fases: a primeira fase de tres grupos de tres equipos cada un dos cales clasificaranse para as semifinais os tres líderes do grupo e o mellor segundo clasificado.

A fase de grupos xogarase o sabado de 9 da maña ata ben psadas as 11 da noite. As semifinais disputaranse na maña do domingo e a final celebrarase as 4 da tarde en categoría benxamín e as 5 da tarde en categoría alevín.

A entrega de trofeos, onde agardamos ver os nosos campións recollendo a copa, efecturase as 6 da tarde.

Adiante benxamíns!!

15 junio, horarios actualizados: Descargar calendario completo

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook