09.10.2010 Presentación Tempada Escola Predeporte

Clube Deportivo Río do Pozo convoca aos pais e nais dos nosos alumnos Predeporte, así como aos propios alumnos/as, para a presentación da nova tempada da Escola Predeporte que se celebrará no seguinte lugar, data e hora:
Lugar: Local Social de Nelle, Ctra de Cedeira, s/n C.P.: 15.578
Data: Sábado, 16 de Outubro de 2010
Hora: 12:45
Con devandita presentación Clube Deportivo Río do Pozo presentará aos seus socios a nova Escola Predeporte, orientada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos (nados/as entre os anos 2005, 2006 e 2007), e que nace coa finalidade de satisfacer a necesidade que os socios do club teñen á hora de iniciar aos seus fillos na práctica deportiva.
En conclusión, a nova Escola Predeporte Río do Pozo dará a posibilidade ao alumno de coñecer unha variada gama de deportes (fútbol sala, balonmán, voleibol e baloncesto) e de practicalos dunha forma lúdica e distendida combinando as actividades deportivas coas lúdico-formativas.
Información matrículas en:
E-mail: cdriodopozo@cdriodopozo.com
Teléfono: 663 323 350















