04.02.2010 Previa desta fin de semana

Foto vencellada

Saúdos a todos os RDPeros:

Case sen decatarnos, temos un novo fin de semana á volta da esquina, e os alumnos da nosa Escola intentarán dalo todo nos seus partidos. Imos ver como se lles presenta a xornada:

Os prebenxamíns xogarán co Esteiro ás 17:45 no Pavillón de As Lagoas. Ollo!! En principio este partido deberíase disputar no Pavillón de A Gándara, pero tívose que trasladar debido ao peche de pavillón pola folga nas instalacións deportivas.

Prevese que este partido sexa igualado, xa que ambos os dous equipos están separados tan só por dous puntos na clasificación. Esperemos que os máis peques da Escola sigan mostrando os seus progresos e fagan unha boa actuación.

Os benxamíns xogarán co A Solaina "B" ás 17:00 no Pavillón de As Lagoas. Este partido tamén se trasladou de pavillón debido á folga nas instalacións deportivas.

Os alumnos da EFS Río do Pozo parten como favoritos neste encontro, pero non deben de confiarse, xa que nesta liga, en calquera momento salta a sorpresa.

Os alevíns xogarán co Roiba - Detegasa ás 16:15 no Pavillón de A Malata.

O Roiba - Detegasa parte como favorito neste enfrontamento, xa que no partido da primeira volta, o Roiba - Detegasa impúxose por 2-10. Pero dende aquela, moitas cousas cambiaron e os nosos alumnos progresaron moito. Esperemos ver un bo partido.

Os alumnos do equipo infantil non xogarán este fin de semana, xa que lles toca a xornada de descanso. Aproveitarán este descanso para recargar as pilas e volver a tope a próxima xornada.

Dende esta web animámosvos a todos os que poidades que visitedes os pavillóns para ver os partidos!!!

Moita sorte a todos os equipos!!! Vémonos na pista!!

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook