15.09.2010 Resumen presentación EFS Río do Pozo (Actualización)

(17/09/2010) Actualización. Ver horarios de adestramentos
Na mañá do Sábado 11 de Setembro os pais e alumnos das diferentes categorías da Escola de Fútbol Sala Río do Pozo foron convocados para a presentación da presente tempada 2010/2011.
Unha presentación que deu comezo coas palabras do Presidente do club, Carlos Ibán Díaz, onde deu a coñecer aos pais e alumnos alí presentes a actual xunta directiva e así como un breve resumo da situación actual do club, da súa nova organización e dos responsables das diferentes Escola Deportivas.
Finalizadas as palabras do Presidente deuse paso ao actual Director da Escola de Fútbol sala, Víctor Garrote, que en dúas quendas de cincuenta minutos dirixiuse aos pais dos alumnos e aos propios alumnos para dar a benvida a esta nova tempada. Unhas palabras do Director da Escola que serviron, ademais, para coñecer o proxecto a catro anos vista da Escola de Fútbol sala, o calendario actual de actividades, os horarios de adestramento, o corpo técnico responsable de cada un dos equipos, a planificación e programación de cada un deles e así como outras informacións de carácter xeral para o total dos alumnos.
Estas son as conclusións e que a través da web querémosvos facer chegar:
- Calendario de entrenamento.
Ver arquivo adxunto aqui.
- Horario de entrenamentos. (ACTUALIZADO)
Ver arquivo adxunto aqui.
- Organigrama actual.
Ver arquivo adxunto aqui.
- Recoñecemento médico
A partir da presente tempada os alumnos da Escola de Fútbol Sala disporán dun centro médico privado onde realizar os correspondentes recoñecementos médicos necesarios para a participación en competicións oficiais. Toda a información será fornecida polos delegados dos equipos unha vez que dean inicio as actividades.
Para finalizar, recordar a todos os usuarios de cdriodopozo.com que o prazo de matrícula permanece aínda aberto para a Escola de Fútbol sala en todas as súas categorías formativas (desde os 6 aos 15 anos).
Se desexas formalizar ti matrícula estes son os pasos a seguir:
1.- Contacta co club no 663 323 350 e consulta directamente todas as dúbidas que teñas.
2.- Descárga o formulario de matrícula e a autorización paterna e háznoslas chegar, vía correo electrónico ou ordinario, xunto coa documentación necesaria.
3.- O responsable do club porase en contacto contigo para verificar os datos de ti matrícula e informarche de como e cando terás que presentarche nas nosas instalacións.
Non o dubides, achégache a coñecernos, a coñecer as nosas novas instalacións, o noso proxecto e sobre todo a gozar co deporte e do deporte.















